Alberto Abalde Díaz, nado o 15 de decembro de 1995 en Ferrol, é un xogador profesional galego de baloncesto que xoga no Real Madrid da Liga ACB. Xoga nas posicións de ala ou escolta cunha altura de 2,02 metros. É fillo do ex xogador Alberto Abalde Rodríguez e irmán da xogadora Tamara Abalde.
Traxectoria profesional Aprendeu a xogar ao baloncesto con seu pai Alberto e súa irmá Tamara e o seu primeiro equipo foi o Compañía de María de Vigo. Pasou logo polos Salesianos e os Maristas, chamando a atención de varios equipos e en 2010 entrou na canteira do Joventut de Badalona, no segundo ano de cadete.
Estivo tres anos nas categorías inferiores da Penya, proclamándose campión de España tanto cadete como júnior, e campión da Euroliga Júnior de 2013, na que foi elixido MVP da final disputada en Londres.
Na tempada 2013/14 pasou ao CB Prat, filial do Joventut na LEB Prata. Foi unha das pezas claves no equipo, que acabou logrando o ascenso á LEB Ouro e gañando a Copa LEB Prata. Esa mesma tempada fixo o seu debut co primeiro equipo do Joventut na ACB. Foi o 2 de marzo do 2014 contra o Valladolid no Polideportivo Pisuerga, partido no que fixo cinco puntos.
Na tempada 2014/15 compaxinou o filial co primeiro equipo, co que xogou 23 partidos de liga, e na seguinte subiu xa definitivamente ao equipo da ACB, facendo unha media de 7 puntos e 2,3 rebotes en 17 minutos.
En agosto de 2016, Abalde asinou un contrato de catro anos co Valencia Basket, que cedeu ó xogador unha tempada ó Joventut de Badalona. Foi a súa segunda tempada completa co primeiro equipo da Penya e obtivo unha media de 10,1 puntos por partido e 9,7 de valoración. Ao ano seguinte estreouse co Valencia, co que xogou tres tempadas, gañando na primeira delas a Eurocup e debutando na segunda delas na Euroliga fronte ao CSKA de Moscova.
O 21 de xullo de 2020, o club laranxa anunciou a marcha do xogador galego,Alberto Abalde se desvincula del Valencia Basket que fichou por cinco tempadas polo Real Madrid.Alberto Abalde, talento nacional para el Real Madrid Aínda lle quedaba un ano de contrato co equipo Valencia, polo que o club madrileño pagou a súa cláusula de rescisión, cun valor de 1,5 millóns de euros.
Selección española Foi internacional nas categorías inferiores da selección española dende 2012. Ese mesmo ano disputou o Mundial sub-17 en Kaunas e ao ano seguinte gañou o bronce europeo coa sub-18 en Letonia. En 2014 e 2015 gañou dúas pratas europeas coa sub-20 en Grecia e Italia respectivamente.
Debutou coa selección absoluta en tres partidos amigables en xullo de 2016 e en xuño de 2018 xogou o seu primeiro partido oficial contra Eslovenia en Liubliana. En 2021 disputou o seu primeiro gran torneo internacional, nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, nos que participou tamén súa irmá Tamara. O seu equipo logrou clasificarse para as eliminatorias, despois de ter derrotado na fase de grupos á Arxentina e ao Xapón e de perder contra a Eslovenia de Dončić. Xa nos cuartos de final, non puideron cos Estados Unidos liderados por Kevin Durant, quedando eliminados cun marcador de 81-95.
Palmarés
CB Prat
LEB Prata (1): 2013/14. Copa LEB Prata (1): 2013/14.
Valencia Basket
Eurocup (1): 2018/19.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en ACB.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do CB Prat Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Galicia Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020