No 2015 e 2016 realizaranse dous referendos sobre a bandeira de Nova Zelandia. O proceso de votación terá dúas etapas que determinarán se se troca a bandeira e, en caso afirmativo, a cal.
A primeira votación tivo lugar entre o 20 de novembro e o 11 de decembro de 2015, e preguntou «Se a bandeira de Nova Zelandia cambia, que bandeira preferiría?». O segundo referendo, que se realizará entre o 3 e o 24 de marzo de 2016, preguntará ós votantes se prefiren manter a bandeira actual ou a versión alternativa elixida na primeira fase.
Os catro deseños coa folla de fento e o koru —un símbolo da arte maorí con forma de espiral— foron escollidos polo Comité de Estudo da Bandeira, mentres que a bandeira co chevrón —unha forma de «V» invertida— foi incluída por iniciativa popular logo de recoller 50 000 sinaturas por mor do desencanto coas opcións restantes.
Resultados Primeiro referendo «Se a bandeira de Nova Zelandia cambia, que bandeira preferiría?»
O primeiro referendo comezou o 20 de novembro de 2015 e rematou tres semanas despois, o 11 de decembro de 2015. Os resultados preliminares foron anunciados esa mesma noite, mentres que os resultados oficiais presentáronse o 15 de decembro. Usando un sistema preferencial, pediuse aos votantes clasificar as cinco alternativas para o deseño da bandeira por orde de preferencia. O deseño máis votado enfrontouse á bandeira xa existente no segundo referendo.
Os opositores ao cambio de bandeira animaron aos cidadáns a absterse, votar nulo ou votar estratexicamente á peor alternativa como protesta. {| class="wikitable" |+ Primeiro referendo sobre a Bandeira de Nova Zelandia, novembro–decembro 2015 (Resultados finais) |- style="background:#e9e9e9;" ! rowspan="2" style="width:20%;"| Opción !! colspan="2" style="width:20%;"| Primeira preferencia !! colspan="2" style="width:20%;"| Segunda iteración !! colspan="2" style="width:20%;"| Terceira iteración !! colspan="2" style="width:20%;"| Última iteración |- style="background:#e9e9e9;" ! Votos !! % !! Votos !! % !! Votos !! % !! Votos !! % |- style="text-align:right;background:#cfc;" | style="text-align:left;"| 30px|border Opción A | 559,587 | 40.15 | 564,660 | 40.85 | 613,159 | 44.77 | 670,790 | 50.58 |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| 30px|border Opción E | 580,241 | 41.64 | 584,442 | 42.28 | 607,070 | 44.33 | 655,466 | 49.42 |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| 30px|border Opción B | 122,152 | 8.77 | 134,561 | 9.73 | 149,321 | 10.90 | colspan=2 |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| 30px|border Opción D | 78,925 | 5.66 | 98,595 | 7.13 | colspan=4 |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| 30px|border Opción C | 52,710 | 3.78 | colspan=6 |- style="background:#e9e9e9;text-align:right;" | style="text-align:left;"| Total| 1,393,615| 100.00| 1,382,258 | 100.00 | 1,369,550 | 100.00| 1,326,256| 100.00|- style="text-align:right;" | colspan=3 style="text-align:left;"| Votos non transferibles | 11,357 | 0.73 | 24,065 | 1.56 | 67,359 | 4.35 |- style="text-align:right;" | colspan=7 style="text-align:left;"| Votos informais | 149,747 | 9.68 |- style="text-align:right;" | colspan=7 style="text-align:left;"| Votos nulos | 3,372 | 0.22 |- style="text-align:right;" | colspan=7 style="text-align:left;"| Total de votos| 1,546,734| 100.00|- style="background:#e9e9e9;text-align:right;" | colspan=7 style="text-align:left;"| Participación | colspan=2| 48.78
Segundo referendo miniatura|right|300px|Resultados do segundo referendo por circunscrición electoral. «Cal é a súa elección para a bandeira de Nova Zelandia?»'''
O segundo referendo comezou o 3 de marzo de 2016 e finalizou tres semanas despois, o 24 de marzo de 2016. Nel pedíase aos votantes elixir entre a bandeira existente e o deseño alternativo votado no primeiro referendo. Os resultados amosaron que a bandeira existente se impuxo cun 56,7 % dos votos, fronte ó 43,3 % do novo deseño. + Segundo referendo, marzo de 2016 Option Votos Núm. % 30px|border Opción 1 (bandeira alternativa) 915 008 43.26 30px|border Opción 2 (bandeira existente) | 1 200 003 56.74 |- style="background:#e9e9e9;text-align:right;" | style="text-align:left;"| Total| 2 115 011 100.00 |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| Votos informais | 4942 | |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| Votos nulos | 4554 | |- style="text-align:right;" | style="text-align:left;"| Votos totais| 2 124 507 '''100.00 Participación 63.7 % Os votos informais inclúen as papeletas nas que o votante non indicou claramente a súa primeira preferencia. Os votos nulos inclúen as papeletas ilexibles.
Notas
Categoría:Bandeiras de Nova Zelandia Categoría:Referendos Categoría:2015 Categoría:2016