A rúa Real é unha rúa da Coruña situada no barrio da PescaríaCultura Coruña da cidade.
É unha rúa peonil situada entre a rúa Rego de Auga e o Cantón Grande.
Historia A rúa Real é unha das máis antigas da cidade da Coruña e supuña o camiño principal de acceso á Cidade Vella. En escavacións dos anos 1949 e 2004 atopáronse tumbas dos séculos III ao IV.
Inicialmente comezaba na praza de San Xurxo, situada diante da antiga igrexa e cemiterio de San Xurxo, que estaban situados onde se construíu o Teatro Rosalía de Castro. Dende 1791 ten o trazado actual. Ata polo menos 1793 existiu unha capela contigua ao edificio da Aduana.
No número 94 fundouse en 1893 o Casino Republicano e en 1916 tivo lugar no número 38 a primeira xuntanza das Irmandades da Fala.
A rúa foi chamada Acevedo en varias ocasións durante o século XIX e entre 1931 e 1936 rúa do Capitán Galán.
Veciños e comercios miniatura|Casa de Juana de Vega na rúa Real. No número 56 viviron tanto Juana de Vega como Adelaida Muro e no número 75 viviron e morreron Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría. No número 11 naceu Eduardo Dato.
Na rúa estiveron os establecementos do músico Canuto Berea e do fotógrafo Pedro Ferrer e no número 55 tivo a súa sede a Banca Obanza.
Ao principio da rúa Real estivo o Salón París, que foi cine entre 1908 e 1999, e no número 94 o cine Savoy (logo Ya-Voy), edificio desaparecido de estilo art déco de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés. No número 20 tivo lugar a primeira exposición de Picasso en 1895.
Arquitectura Na rúa Real consérvanse algúns edificios destacados: Nº 11, do século XIX. Nº 17, Casa Tizón, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1920). Nº 27, Casa de José Frausk, de Fernando Domínguez Romay (1797). Nº 55, Casa Obanza, de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1884). Nº 14 (1860). Nº 18, de Faustino Domínguez Domínguez (1869). Nº 22, de Julio Galán Carvajal e Antonio de Mesa (1910), con fachada modernista. Nº 24, Casa de Vicente Tenreiro, de Gabriel Vitini (1873). Nº 86, Café Moderno, de Antonio de Mesa (1919), modernista.
Tamén ten fachada á rúa Real o edificio da antiga Aduana (1779, reformado en 1846 por Faustino Domínguez Domínguez), actual sede da Subdelegación do Goberno.
No número 74 estaba o mural de Urbano Lugrís "Vista de A Coruña 1669" trasladado en 2016 á oficina de Abanca da rúa dos Olmos.El mural de Urbano Lugrís ya está instalado en la Oficina Principal de Abanca
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Historia de la Zona Obelisco
Categoría:Rúas da Coruña