Luis Pernas Novo, nado na Solaina (Narón) en 1975, é un culturista galego.
Traxectoria Luis Pernas comezou a competir en culturismo en 1995 e proclamouse campión galego en 1999, así como campión de España dos pesos pesados en 2003, 2006 e 2008. Tamén gañou distintos torneos abertos e en 2010 no Arnold Classic, o campionato mundial da Federación Internacional de Culturistas (IFBB). En 2014 proclamouse Mister Universo e Mister Universo Talle Medio nos campionatos do mundo da IFBA, unha das federacións internacionais deste deporte, que ten sede en Italia.
Vida persoal É dono de ximnasios e tendas de alimentación deportiva, e traballa como técnico informático da Universidade da Coruña.
Notas
Categoría:Culturistas Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1975