A dos escombroideos (Scombroidei) é unha suborde de peixes osteíctios da orde dos perciformes,Scombroidei Bleeker 1859 que é a orde máis grande dos peixes.

Son xeralmente peixes de gran tamaño, migradores oceánicos de longo percorrido.

A suborde inclúe, entre outras moitas, especies como os atúns, os bonitos, a xarda e o peixe espada.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1859 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés, experto no estudo comparado dos peixes —fundamente da ictioloxía— do leste asiático, Pieter Bleeker.

Etimoloxía O nome científico da suborde está formado, como é habitual, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo. Scomb(e)r (xénero ao que pertence a xarda), suprimindo o e para facilitar a pronuncia e engadíndolle o sufixo do latín científico -oidei, propio das subordes de animais.

Clasificación Unha clasificación controvertida

— Segundo o WoRMS, a suborde comprende as tres familias seguintes: Familia Gempylidae Gill, 1862 Familia Scombridae Rafinesque, 1815 Familia Trichiuridae Rafinesque, 1810

— Porén, segundo o ITIS, as familias son catro:Scombroidei no ITIS. Familia Gempylidae Familia Scombridae Familia Scombrolabracidae Segundo o WoRMS, esta familia formaría, por si soa, a suborde dos escombrolacoideos Scombrolabracoidei.Scombrolabracoidei no WoRMS. Familia Trichiuridae

Cronoloxía Os datos paleontolóxicos coñecidos indican a seguinte secuencia de aparición dos xéneros da suborde dos escroimbroideos:

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, EE. UU.: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Perciformes

Ligazóns externas Scombroidei Bleeker 1859 en Fossilworks. Scombroidei no WoRMS. Scombroidei no ITIS. Scombroidei na EOL.

Categoría:Perciformes