El Eco foi un semanario editado en Baralla en 1912.

Traxectoria Periódico semanal dirixido por Evaristo Correa Calderón, apareceu o 25 de agosto de 1912. O administrador era Emilio Curiel e Ivo Fernández redactor. Publicou colaboracións literarias, noticias locais, anuncios comerciais e pasatempos.

Véxase tamén Bibliografía Pardo de Neyra, Xulio (2006). As orixes da literatura infantil galega (1918-1936). p. 110-111. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 9788497506182. Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Baralla Categoría:1912 en Galicia