Tarsius fuscus é unha especie de mamífero primate haplorrino tarsiiforme da familia dos tarsíidos e xénero Tarsius, coñecida na bibliografía internacional, entre outros, co nome de tarsio de Macasar, que habita en Indonesia ao suroeste da illa de Célebes.

Nalgún momento foi considerado un sinónimo do tarsio fantasma (Tarsius tarsier); porén, ao restrinxirse a distribución desta especie á illa Selayar, a poboación remanente clasificouse como T. fuscus.

Taxonomía A clasificación dos tarsios, en xeal, e especialmente a dos que habitan na illa de Célebes foi, durante moito tempo, confusa.Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. Londres / Nova York: Routledge. ISBN 978-0-13-189332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.

Xa en 1780 o médico e naturalista alemán Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.

Daquela cuñou o novo xénero Tarsius,<ref name=M>Tarsius en MSW.</ref> para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).

Máis tarde, a especie da que nos ocupamos foi descrita en 1804 por Fischer, sendo despois denominada, en 1812, por Geoffroy, Tarsius fuscomanus e, en 1846, por Burmeister, Tarsius fischeri.Grusky, Sharon L. (2016): The Specttral Tarsier. Londres / Nova York: Routledge. ISBN 978-0-13-189332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.

En 1953, Hill concluíu que a distribución xeográfica do espécime tipo de Tarsius spectrum era a provincia de Makasar, na península do Sur da illa Célebes. Como consecuencia, Hill concluíu que T. fuscus era un sinónimo máis moderno de T. spectrum. Porén, recentemente estableceuse que T. spectrum era un sinónimo máis moderno de Tarsius tarsier.Croves, C. (2005) "Tarsium spectrm" en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds.: Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference.

Finalmente, en 2010, Groves restrinxiu a especie T. tarsier á poboación existente na illa Selayar, recuperando o nome Tarsius fuscus Fischer, 1804, para os tarsios das provincia de Makasar, como especie diferente.

Características Tarsius fuscus ten polo xeral unha pelaxe de cor parda avermellada. A longa cola, espida, rematada nunha guedella pelos de cor negra, representa entre o 143 % e o 166 % da lonxitude corporal. O cranios e os arcos dentarios máis curtos que a maioría dos outros tarsios. Tamén as patas traseiras son máis curtas que na maioría dos outros tarsios.

Bioloxía Como todas as especies de tarsios é un animal nocturno e arborícola. Así mesmo, como todas as especies do xénero Tarsius relacionadas, T. fuscus é exclusivamente carnívoro e insectívoro e, en xeral, captura ás súas presas saltando sobre elas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brandon-Jones, D.; A. A. Eudey, T. Geissmann, C. P. Groves, D. J. Melnick, J. C. Morales, M. Shekelle & C. B. Stewart (2004): "Asian Primates Classification" International Journal of Primatology 25''' (1): 97-164. Resume. Chiarelli, A. B. (1972): Taxonomic Atlas of Living Primates. Londres, Reino Unido e Nova York, USA: Academic Press. ISBN 0-12-172550-2. Groves, Colin P. (2001): Primate Taxonomy. Washington, USA & Londres, Reino Unido: Smithsonian Institution Press. ISBN 1-56098-872-X. Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Primates of the World. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6251-5. Parker, Sybil P. (1990): Grzimek's Encyclopedia of Mammals. Volume 2. Nova York, NY, USA: McGraw-Hill Publishing Company. ISBN 0-07-909508-9. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292. Walker, Ernest P. (1975): Mammals of the World, Third Edition, Volumes I & II. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-1657-2. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Wright, P. (2003): "Are Tarsiers Silently Leaping into Extinction?". pp. 296–308 en P. Wright, E. Simons & S. Gursky, eds. Tarsiers: The Past, Present, and Future''. New Brunswick, Nova Jersey, USA: Rutgers University Press.

Outros artigos Primates Haplorrinos Tarsiiformes

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1804