San Lourenzo de Arnoso é unha parroquia do municipio de Ponteareas. Segundo o IGE, en 2022 tiña 258 habitantes (133 homes e 125 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, 19 menos ca en 1999. Limita o norte e ó oeste coa parroquia de Xinzo, ó leste coa de Areas e ó sur coa de Guláns.

Historia Segundo algúns historiadores, a esta parroquia refírese a doazón realizada nos anos 893 e 899 por Afonso III ao bispo Sisnando da diocese compostelá.

O 6 de maio de 899 confírmase a doazón:

Porén, hai historiadores que defenden que se refire á parroquia de Areas.

O 29 de marzo de 1223 Urraca Gomiz vendeulle ó mosteiro de Santa María de Melón unhas herdades en Arnoso, Arais e San Lourenzo por 100 soldos:

O 12 de outubro de 1347 María de Sexemonde outorgou carta de desembargo de bens a favor do mesmo mosteiro dun casal, herdade, dereituras e outras pertenzas do lagar chamado Casal de María, na freguesía de San Lourenzo de Arnoso, que ela e o seu defunto marido Gil Rodríguez lle usurparan a este.

No Catastro de Ensenada recóllese que en 1749 había en Arnoso 87 veciños, 90 casas habitables, 10 inhabitables e 12 arruinadas. Tiña 3 muíños de auga (muíño da Vichiña, muíño do Outeiriño e muíño do Foxiño), 2 tabernas e 28 colmeas.

En 1861 construíuse a igrexa parroquial, adicada a San Lourenzo e con retablo neoclásico. A carón da igrexa hai dous cruceiros e tres cruces que representan o Calvario.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arnoso

Parroquias de Ponteareas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ponteareas

Categoría:Parroquias de Ponteareas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo