José Fariña González, nado en Pontevedra e finado en Valencia en 1937Aínda que o Diario de Pontevedra, 14-12-1937, p. 2, afirma que morreu en Madrid, en realidade morreu en Valencia., foi un militar galego.

Traxectoria Tipógrafo nos talleres de La Correspondencia Gallega. Como soldado participou na campaña de Filipinas e ascendeu a tenente. Ao rematar a guerra volveu a PontevedraLa Correspondencia Gallega, 27-3-1899, p. 2.. Foi director da Escola Militar Patria que funcionou en Pontevedra e xefe dos exploradores de Pontevedra. Despois foi xefe dos Centros de Movilización de Calatayud e Valladolid. En 1935 foi nomeado xeneral de Brigada e concedéronlle a Gran Cruz da Orde do Mérito Militar con distintivo branco. Morreu en Valencia de morte natural en 1937, pero a propaganda franquista afirmaba que fora asasinado polo goberno republicano.

Vida persoal Casou con Regina Cobián Tejo en 1899La Correspondencia Gallega, 6-10-1899, p. 2. e foi pai de Herminia Fariña, Josefina Fariña Cobián e Ramón Fariña Cobián.

Notas

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos