Sacheen Littlefeather, nada como Marie Louise Cruz en Salinas, no condado de Monterey (California) o 14 de novembro de 1946 e finada en Novato o 2 de outubro de 2022, foi unha actriz e activista dos dereitos civís dos Nativos Americanos.
Littlefeather foi máis coñecida por dar un discurso en nome do actor Marlon Brando declinando o Premio da academia ó mellor actor que gañaba polo seu papel na película O Padriño na cerimonia dos 45.os Premios da Academia o 27 de marzo de 1973, o cal foi tamén boicoteado pola prensa en protesta do tratamento ós Nativos Americanos pola industria cinematográfica. Na gala, luciu un vestido apache.
Traxectoria Littlefeather naceu en Salinas, California. As súas raíces son apache, yaqui e pueblo por parte de seu pai, polo lado de súa nai ten parte francesa, alemá e dinamarquesa. Na súa páxina web oficial, afirma que seu pai proviña dos apaches das Montañas Brancas e de tribos yaqui de Arizona e que "Cruz" era o nome tribal recoñecido do mesmo.Sacheen Cruz Littlefeather Biographical details
Activismo Como membro dos indios de Todas as Tribos, Littlefeather participou na ocupación da illa de Alcatraz por parte de activistas polos dereitos dos indios americanos en 1969.James Stuart Olson.
Controversia nos Premios da Academia Marlon Brando implicouse co American Indian Movement (AIM) a principios da década dos 70. En 1973, decidiu posicionarse sobre a ocupación de Wounded Knee e contactou ó AIM para conseguir un membro que aceptase o Oscar no seu nome. Dennis Banks e Russell Means escolleron a Sacheen Littlefeather.
Littlefeather representou a Brando e o seu boicot ó premio Oscar de Mellor actor pola súa actuación de Don Vito Corleone no Padriño (1972) como protesta polos actos ocorridos en Wounded Knee e pola pouca representación por parte de Hollywood e da televisión dos Indios Americanos. Brando escribiu un discurso de 15 páxinas para que Littlefeather lese durante a cerimonia, pero cando o produtor a coñeceu no backstage, ameazouna con retirala fisicamente ou con ser arrestada se estaba en escena máis de 60 segundos. Os seus comentarios no escenario foron totalmente improvisados, máis tarde retirouse ó backstage e leu o comunicado enteiro á prensa. Na súa biografía "O meu mundo é a miña obriga", Roger Moore (o cal presentaba os premios e fora nomeado recentemente como o novo "James Bond, axente 007") dixo que el levou o Oscar á súa casa e que o mantivo na súa posesión ata que foi recollido por un garda armado mandado pola academia.
O incidente incitou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas a establecer regras para o procedemento de aceptación dos premios."Oscar Watch; Oscar takes a bow for legacy of controversy", Stephen Schaefer, Boston Herald, 16 de marzo de 2003
En 2022 a Academia pediulle desculpas pola resposta desproporcionada e inxustificada ao seu discurso.
Filmografía The Laughing Policeman (1973) (sen acreditación) Counselor at crime (1973) 45os premios anuais da academia (1973) (representando a Marlon Brando) Freebie and the bean (1974) (sen acreditación) AThe Trial of Billy Jack (1974) Winterhawk (1975) Johnny Firecloud (1975) Shoot the Sun Down (1981) Reel Injun (2009)
Notas
Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas nativos americanos Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Actores de California Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Salinas Categoría:Finados en 2022 Categoría:Finados por cancro Categoría:Membros do American Indian Movement