As Drassanes Reials de Barcelona (Estaleiros Reais de Barcelona en catalán) son un edificio militar de estilo gótico que se atopa na fachada marítima de Barcelona. Comezaron a construírse a finais do século XIII durante o reinado de Pedro o Grande de Aragón e dende a súa orixe destináronse á construción das galeras da armada do rei de Aragón.

As escavacións realizadas no ano 2012 evidenciaron que a finais do século XVI, sobre os antigos estaleiros medievais, construíronse uns novos que corresponden ó edificio actual. O edificio militar estivo baixo a administración da Deputación do Xeneral de Cataluña durante toda a idade moderna até 1714. No ano 1935, os estaleiros foron cedidos ó Concello de Barcelona, que os converteu en sede do Museo Marítimo de Barcelona no ano 1941; o edificio foi declarado Monumento Histórico Artístico por decreto do Consello de Ministros de España o 5 de maio de 1976.

Durante os traballos de adecuación que se fixeron no edificio, fixéronse tamén intervencións arqueolóxicas que achegaron datos relevantes sobre a historia do edificio. Por unha banda, atopáronse restos dunha necrópole romana. Tamén se determinou que, malia que o monumento comezouse a construír no século XIII, gran parte do que se conserva hoxe en día non é medieval como se coidaba, senón de época moderna (século XVI), pero mantendo o estilo gótico orixinal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Les Drassanes Reials de Barcelona Les Drassanes Reials. La Restauració.

Categoría:Arquitectura en Barcelona Categoría:Bens de Interese Cultural de Cataluña