Yosyf Sembratovych (en , en ), nado o 8 de novembro de 1821 en Krynica (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Polonia) e finado o 23 de outubro de 1900 en Roma, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1870 e 1882. Traxectoria O 7 de outubro de 1845 foi ordenado sacerdote.

O 24 de marzo de 1865 foi nomeado bispo titular de Nazianzus. Recibiu a consagración episcopal o 11 de xuño de mans do metropolita de Lviv Spyrydon Lytvynovych.

O 18 de maio de 1870 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv. Renunciou ao cargo en novembro de 1882, residindo en Roma posteriormente, onde finou o 23 de outubro de 1900.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1821 Categoría:Nados no condado de Nowy Sącz Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Finados en 1900