Lev Sliubych-Zalenskyi (en ; en ; en ), nado en 1648 en Volinia (Coroa do Reino de Polonia) e finado o 24 de agosto de 1708, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus dende 1695 até a súa morte.

Traxectoria O 30 de novembro de 1678 foi nomeado bispo coadxutor de Volodymyr-Brest, recibindo a consagración episcopal en decembro do mesmo ano de mans do metropolita Kypriian Zhokhovskyi.

Á morte de Venedykt Hlynskyi, Sliubych-Zalenskyi sucedeuno como bispo de Volodymyr-Brest, cargo que mantivo até o seu pasamento.

En 1693 foi nomeado administrador das arquieparquías de Kíiv e Polack. En 1695 foi elixido metropolita de Kíiv e Galicia e toda a Rus. Finou no cargo en 1708. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1648 Categoría:Nados na rexión de Volinia Categoría:Finados en 1708 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína