Santa María de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 829 habitantes (386 homes e 443 mulleres), 143 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.
Xeografía A parroquia limita con Santo André de Xeve, Verducido, Mourente e Lérez, e polo seu territorio pasa o río Lérez.
Patrimonio dereita|miniatura|200px|Penedo de Argoenca. En Gatomorto está o Penedo de Argoenca, petróglifo declarado Ben de Interese Cultural.
A Casa Gondar, unha construción do século XVIII que aínda conserva unha dependencia anexa outrora empregada como cárcere, e tamén a igrexa parroquial cun campanario de estilo barroco e de frontal neoclásico.
Celébranse o Corpus Christi e santo Antón de Padua (o domingo seguinte ao 13 de xuño), a Nosa Señora do Carme (o domingo seguinte ao 16 de xuño) e a Inmaculada Concepción o día 8 de decembro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Xeve
Parroquias de Pontevedra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra
Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María