Pedro Sáinz de Andino, nado en Alcalá de los Gazules (Cádiz) en 1786 e finado en Madrid en 1863, foi un xurista español. Pedro Sainz de Andino
Traxectoria Pedro Sáinz de Andino educouse no Seminario Conciliar de San Bartolomé en Sevilla, en cuxa Universidade gradouse de bacharel de Leis e logo se doutora. Ocupou a cátedra de Partidas da Universidade e logo foi claustral.
Durante a Guerra da Independencia non apoia a Lista para crear un exército patriota, mostrando Sáinz de Andino unha ideoloxía afrancesada.
Exerceu o cargo de promotor fiscal nas localidades de Tarrasa (Barcelona) e Tortosa (Tarragona). Escribiu un proxecto de Código de Comercio, o cal foi promulgado en 1829 e se mantivo en vigor ata a aprobación do Código de Comercio de 1885 e unha lei de axuizamento criminal, sancionada en 1830. A esta época pertencen obras como "Elementos de elocuencia forense" e "Dos ministros sobre o curso que debe darse ao xuízo de purificacións".
No 1829 foi nomeado fiscal do Consello de Facenda e en 1830 Ministro do Consello e Cámara de Castela e membro da Xunta de Lotarías. Ese ano recibiu a Gran Cruz da Orde de Carlos III e en 1848 a da Orde de Isabel a Católica. En 1848 foi nomeado membro de honra da Real Academia da Historia.
Trala morte de Fernando VII de España en 1834 declarouse no bando isabelino. En 1847 foi nomeado senador vitalicio.Ficha do Senado
Notas
Categoría:Afrancesados Categoría:Finados en 1863 Categoría:Nados en 1786 Categoría:Nados en Alcalá de los Gazules