Ácido dipicolínico (ácido piridín-2,6-dicarboxílico ou PDC e DPA) é un composto químico que supón do 5% ao 15% do peso seco das esporas bacterianas.Sci-Tech Dictionary. McGraw-Hill Dictionary of Scientific and Technical Terms, McGraw-Hill Companies, Inc. Está implicado na resistencia á calor das endósporas.Madigan, M., J Martinko, J. Parker (2003). Brock Biology of Microorganisms, 10th edition. Pearson Education, Inc., ISBN 981-247-118-9.
Porén, illáronse mutantes resistentes á calor pero que carecían de ácido dipicolínico, o que indica que debe haber outros mecanismos que contribúen á resistencia á calor.Prescott, L. (1993). Microbiology, Wm. C. Brown Publishers, ISBN 0-697-01372-3.
O ácido dipicolínico forma un complexo con ións calcio dentro das endósporas. Este complexo únese a moléculas libres de auga, causando a deshidratación das esporas. Como resultado, a resistencia á calor de macromoléculas do interior da espora increméntase. O complexo ácido dipicolínico-calcio tamén funciona protexendo o ADN da desnaturalización pola calor ao inserirse entre as nucleobases, o que aumenta a estabilidade do ADN.Madigan. M, Martinko. J, Bender. K, Buckley. D, Stahl. D, (2014), Brock Biology of Microorganisms, 14th Edition, p. 78, Pearson Education Inc., ISBN 978-0-321-89739-8.
Coñécense dous xéneros de bacterias patóxenas que producen endósporas: os Bacillus, que son aerobios, e os Clostridium, que son anaerobios.Gladwin, M. (2008). Clinical Microbiology Made Ridiculously Simple, MedMaster, Inc., ISBN 0-940780-81-X.
O químico do Jet Propulsion Laboratory Adrian Ponce desenvolveu unha técnica para a detección de endósporas xerminables marcando o ácido dipicolínico con terbio. Cando a área é iluminada con luz ultravioleta, as endósporas vivas brillan en presenza de terbio. A técnica foi desenvolvida para a validación da esterilidade en naves espaciais (que evita a contaminación por microorganismos), pero podería aplicarse máis xeneralizadamente para a avaliación da esterilidade. A técnica tiña a vantaxe de ser moito máis rápida que os métodos baseados en cultivos de detección de endósporas.
Tamén se usa para preparar complexos de lantánidos e metais de transición ligados a dipicolinato para a cromatografía iónica.2,6-Pyridinedicarboxylic acid at Sigma-Aldrich
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas JPL Develops High-Speed Test to Improve Pathogen Decontamination no JPL. Spotting Spores no Astrobiology Magazine.
Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Piridinas