O lago Neagh (en , en , en ) é o meirande lago de auga doce da illa de Irlanda e tamén do conxunto das illas Británicas. O seu nome provén do irlandés loch nEachach, que significa "lago de Eachaidh", aínda que hoxe en día escríbese loch nEathach en irlandés moderno. O lago é propiedade do conde de Shaftesbury.
Xeografía Atópase a 30 km ao oeste de Belfast e mide un máximo 30 km de longo e 15 km de ancho. Con 392 km² é décimo quinto lago de auga doce por superficie da Unión Europea e o trixésimo primeiro de Europa. A pesar do seu tamaño é moi pouco profundo, xa que a súa profundidade media é de tan só 12 metros e a máxima de 25 metros.
Condados Cinco dos seis condados de Irlanda do Norte teñen costa no lago (o único que non é o condado de Fermanagh), e a súa área repártese tamén entre eles. Os condados son os seguintes: dereita|220px|miniatura|Repartición do lago nos condados de Irlanda do Norte. Antrim (costa leste e norte) Down (unha pequena parte no sueste) Armagh (sur) Tyrone (oeste) Derry (noroeste)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Wood, R.B.; Smith, R.V., eds. (1993). Lough Neagh: The Ecology of a Multipurpose Water Resource. Monographiae Biologicae 69. Springer. ISBN 9780792321125.
Categoría:Xeografía de Irlanda do Norte Categoría:Lagos de Europa