miniatura|250px|Fósil dun áptico. (Tamaño real, 1 cm) O áptico (Aptychus) é unha estrutura exclusiva das amonitas.

Etimoloxía O termo do latín científico Aptychus (plural Aptychi) está tirado do grego antigo ἀ- 'privativo' e πτυχή ptyché, 'dobra', 'prega',aptychus en myEtymology.

Características, estrutura e posíbeis funcións miniatura|350px|Algúns exemplos de ápticos.

Era un tipo de opérculo calcificado que se situaba cerca da abertura da cuncha do animal e funcionaba a modo de "porta", protexendo as partes brandas do individuo unha vez pechada, ou talvez unha especie de mandíbula como a dalgúns cefalópodos modernos.

Está composto por un par de pezas simétricas de calcita, que teñen a aparencia das valvas dos bivalvos, das que se diferencian porque as estrías de crecemento encóntrans na parte cóncava.

A función exacta deste dispositivo segue a ser incierta. Algúns autores considérano como un dispositivo da mandíbula, mentres que outros pensan que é un opérculo. Puido ter, quizais, unha función similar á da cuncha da cabeza do náutilo actual.Lehmann, U. & C. Kulicki (1990).Morton, Nicol (1981).Morton, Nicol & Nixon, Marion (1987).

Nalguhnas amonitas os ápticos encontrábanse dentro das cámaras de habitación, en cuxo caso serían estruturas mastigadoras de individuos malacófagos, é dicir, comedores de organismos con cuncha.

Son difíciles de encontrar ao lado da cuncha das amonitas ás que pertenceron debido a que a cuncha seguiría flotando unha vez morto o organismo, mentres que o áptico se desprendería ao descompoñérense as partes brandas.

Os ápticos (ou Aptychi) encóntranse a miúdo ben conservados como fósiles, pero rara vez se encontran canda as cunchas de ammonitas. Isto foi a cuasa de que inicialmente se clasificaran como un tipo de bivalvos. Encóntranse en rochas desde o Devoniano ao Cretáceo. Existen moitos tipos de ápticos, que varían na súa forma e nas estruturas das súas superficies internas e externas, pero debido á rareza do seu descubrimento cerca do resto da cuncha, a pertenza de moitos deles a unha amonita particular segue sendo incierta.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lehmann, U. & C. Kulicki (1990): "Double function of aptychi (Ammonoidea) as jaw elements and opercula". Lethaia 23: 325–331. Moore, R. C. & P. C. Sylvester-Bradley (1957): "Second supplemental application: Application for a ruling by the International Commission directing that the classification and nomenclature of ammonoid aptychi (Class Cephalopoda) be in terms of «parataxa»." Bulletin of Zoological Nomenclature 15: 35-70. Morton, Nicol (1981): "Aptychi: The myth of the ammonite operculum". Lethaia 14: 57-61. Morton, Nicol & Nixon, Marion (1987): "Size and function of ammonite aptychi in comparison with buccal masses of modern cephalopods". Lethaia'' 20''' (3): 231–238. Outros artigos Amonitas

Ligazóns externas North American Late Devonian Cephalopod Aptychi. Morphological Terminology

Categoría:Cefalópodos Categoría:Fósiles Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos