O ekwele (anteriormente ekuele) foi a moeda oficial de Guinea Ecuatorial entre 1975 e 1985. O seu código ISO 4217 é GQE. Está dividido en 100 céntimos, aínda que non se emitiron moedas desta denominación. A denominación ekuele utilizouse ata 1979 e a denominación ekwele (plural: bipkwele) utilizouse desde entón.

O ekwele substituíu a peseta de Guinea Ecuatorial mantendo a mesma paridade en 1975. En 1985 o Franco CFA substituíu o ekwele cunha taxa de cambio de 1 CFA = 4 GNE. As primeiras emisións do franco CFA en Guinea tiñan o nome do país propio no seu anverso (no canto de États de l'Afrique Centrale) e a denominación "francos" en castelán.

Moedas As primeiras moedas emitíronse en 1975, coas denominacións de 1, 5 e 10 ekuele. En 1980 e 1981 saíron á circulación moedas de 1 ekwele e de 5, 25 e 50 bipkwele. Desta última serie Púxose en circulación un número moi reducido de pezas. A seguir, amósanse as características das moedas. Denominación Emisión Metal Diámetro (mm) Peso (g) Anverso Reverso 1 ekuele 1975 Cu + Ni 19,00 2,40Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL 1975Picos, pas e aixadas 5 ekuele 1975 Cu + Ni 21,00 3,40 Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL 1975 Labregos 5 bipkwele 1980 Cu + Ni 23,50 4,80Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL 1980 10 ekuele 1975 Cu + Ni 24,00 5,20Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL 1975Galo 25 bipkwele 1980 Cu + Ni 25,50 6,50Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL 1980Escudo de armas 50 bipkwele 1980 Cu + Ni 29,00 10,10Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL 1980Escudo de armas

Billetes Os billetes foron impresos polo Banco Popular en 1975, con denominacións desde 25 a 1.000 ekuele, entanto que o Banco de Guinea Ecuatorial imprimiu en 1979 billetes de 100 a 5.000 bipkwele.

Durante os primeiros anos en que entrou en vigor o ekwele, era normal atopar billetes con denominacións en antigas pesetas (nomeadament de 500 pesetas) selados polo Banco Central de Guinea indicando o seu valor correspondente en ekwele.

A continuación detállanse as características dos billetes: +Series de 1975 Denominación Efixie Cor predominante 25 ekwele Francisco Macías Nguema Violeta 50 ekwele Francisco Macías Nguema Marrón 100 ekwele Francisco Macías Nguema Verde 500 ekwele Francisco Macías Nguema Azul 1.000 ekwele Francisco Macías Nguema Vermello 5.000 ekwele Francisco Macías Nguema Azul

Véxase tamén Outros artigos Peseta de Guinea Ecuatorial

Categoría:Moedas de África Categoría:Guinea Ecuatorial Categoría:ISO 4217