Hermann von Ihering, nado en Kiel o 9 de outubro de 1850 e finado en Giessen, Hesse, Alemaña, o 24 de febreiro de 1930, foi un médico, zoólogo (especializado en ictioloxía e malacoloxía) e paleontólogo alemán nacionalizado brasileiro.
Traxectoria Estudou medicina e historia natural na Universidade de Viena. Foi profesor de zooloxía na Universidade de Leipzig.
En 1880 viaxou ao Brasil para realizar investigacións científicas para o goberno Imperial. Alí casou coa xove viúva Anna Maria Clarz Belzer, residindo inicialmente en Taquara (1880-1883), pasando despois a Pedras Brancas, actualmente Guaiba (1883-1884), a Rio Grande do Sul (1884-1885), São Lourenço do Sul (1985) e máis tarde viviu 7 anos en Rio Camaquã.
Conseguiu o seu primeiro traballo no Museu Nacional de Rio de Janeiro, en Río de Xaneiro. Foi o fundador e primeiro director do Museo Paulista, en São Paulo en 1894.
Entre outros taxons describiu a clase dos Aplacophora o xénero de abellas sen aguillón Frieseomelitta.
Publicacións A súa bibliografía inclúe 310 obras, das que 20 son sobre aves, e tamén publicou varios traballos sobre a etnografia do Brasil meridional. Entre as suúas publicacións destacan:
1877. Vergleichende Anatomie des Nervensystemes und Phylogenie der Mollusken.doi:10.5962/bhl.title.13168 1878. Das peripherische Nervensystem der Wirbeltiere. Leipzig 1892. Zur Kenntniss der Sacoglossen. Halle 1904. The Anthropology of the state of S. Paulo, Brasil 1907. Archhelenis und Archinotis. Gesammelte Beiträge zur Geschichte der neotropischen Region. Leipzig doi:10.5962/bhl.title.15767 1907. Catálogos da Fauna Brasileira (co seu fillo Rudolpho von Ihering) 1922. Phylogenie und System der Mollusken. Frankfurt am Main doi:10.5962/bhl.title.10350 1927. Die Geschichte des Atlantischen Ozeans. Jena 1929. Die Nephropneusten in systematischer und phylogenetischer Hinsicht. Frankfurt am Main
Honores Eponimia Varios autores dedicaron especies na súa honra: Monodelphis iheringi Thomas, 1888 Trinomys iheringi Thomas, 1911 Unionicola iheringi Koenike, 1890
Abreviatura As abreviaturas Ihering e von Ihering empréganse para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
Bibliografía Clarisse Odebrecht: "Hermann von Ihering e o Guahyba do século XIX" en Popa.com.br Maria von Ihering de Azevedo Hermann von Ihering en biografias Penny, H. Glenn (2003): "The Politics of Anthropology in the Age of Empire: German Colonists, Brazilian Indians, and the Case of Alberto Vojtečh Frič. Comparative Studies" en Society and History 45 (2): 249-280.
Ligazóns externas Ihering, Hermann von (Germany-Brazil 1850-1930) paleontology, malacology Biografía Obras de von Ilering en Internet Archive. Ihering e a "solução final" para o "problema indígena" en Biblioteca Digital Curt Nimuendajú von Ihering, Hermann (1912): "A ethnographia do Brasil meridional". En Actas del Congreso Internacional de Americanistas, Buenos Aires, pp. 250–263. En Biblioteca Digital Curt Nimuendajú
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Científicos do Brasil Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Ornitólogos do Brasil Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Zoólogos do Brasil Categoría:Nados en 1850 Categoría:Nados en Kiel Categoría:Finados en 1930 Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Viena