A igrexa de San Fiz de Xirona (en ) é unha basílica colexiata orixinaria dos primeiros tempos do cristianismo. Acolle os oficios da Parroquia Maior de San Fiz do Bispado de Xirona, dito así porque este era o templo principal de Xirona antes da construción da catedral. A igrexa é documentada dende o ano 882, malia que o edificio actual corresponde basicamente á construción gótica do século XIV. O edificio, cun campanario que constitúe un fito esencial na imaxe monumental da cidade, foi declarada ben cultural de interese nacional. Está dedicada a San Fiz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Xirona Xirona Categoría:Igrexas de Cataluña