Sweet Lady é unha canción de rock composta por Brian May, guitarrista de Queen. A canción está incluída como a sexta pista do álbum A Night at the Opera, realizado en 1975. No comezo da canción, apréciase o son moi persoal e especial da guitarra de Brian May, chamada Red Special.

Musical e literalmente é a canción predecesora de Tie Your Mother Down, que aparecería o ano seguinte no álbum A Day at the Races.

Roger Taylor lembra esta canción como a execución de batería máis difícil que lle tocou interpretar.

Categoría:Cancións de Queen