Santa Baia de Ribadumia é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia. Segundo datos do IGE, tiña 1.750 habitantes no ano 2025, dos que 912 eran mulleres e 838 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 1.667 veciños, e 2010, cando eran 1.540.
Ten dezanove entidades de poboación, pero os censos do IGE correspondentes ó ano 2025 non recollen datos sobre os habitantes que poidan ter 12 delas e tan só achegan cifras de poboación de sete lugares.
Esta parroquia dálle nome ao concello, se ben a capital municipal sitúase no lugar da Escusa, lindeira coa parroquia de Barrantes.
Santa Baia na literatura popular Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas!Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras..
Lugares e parroquias Lugares de Ribadumia
Parroquias de Ribadumia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadumia
Categoría:Parroquias de Ribadumia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Baia