Santo Estevo do Salto de Agoela é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 137 habitantes (70 mulleres e 67 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.
Historia Xunto coa parroquia de Vilela forma o territorio dos antigos priorados de Oseira. Aínda se poden ver dúas casas monacais no lugar da Granxa.
No lugar de Faílde está a casa familiar de Javier Vales Faílde.
Patrimonio En 1948 atopouse no lugar de Casardixo un machado de bronce datado de hai uns 3.200 anos. As medidas son 155 mm x 39 mm (fío) x 15 mm (grosor baixo a asa); o peso é de 300 gr. Ten tres estrías superficiais en cada folla, con tres estrías a cada lado menos profundas. A forma moi curva do fío e o acurtamento da folla abonan a función cortante. As súas proporcións son harmónicas e a riqueza decorativa realza a elegancia deste machado. Sorprendeu pola pureza das súas liñas e factura perfecta do machado de dúas asas.
Consérvase unha mámoa megalítica, en Coto dos Mouros.
Da cultura castrexa consérvanse dúas localizacións de poboados castrexos: o de Castro Pequeno e o de Castro Grande.
Xa de época máis recente é a casa reitoral.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Salto de Agoela
Parroquias de Rodeiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Rodeiro
Ligazóns externas O Salto de Agoela na web do concello de Rodeiro
Salto de Agoela Salto de Agoela