Lampetra planeri é unha especie de peixe ágnato (sen mandíbulas) da orde Petromyzontiformes, unha das poucas especies actuais da súa clase; é máis pequena que a lamprea de río común.

Descrición

Ten dúas aletas dorsais unidas entre si, non ten aletas pares. os adultos teñen unha ventosa bucal con placas dentarias e dentículos, aínda que non é unha especie parasita; as larvas aliméntanse de algas que filtran do lodo do fondo dos ríos, mentres que os adultos non se alimentan.

Distribución Só se coñecen dúas poboacións ibéricas, unha no río Olabidea (Navarra) e outra no río Seiça, no centro de Portugal

Hábitat e reprodución

Habita nos fondos areosos de ríos e regatos pouco caudalosos. Reprodúcense entre abril e maio, poñen entre 1000 e 2000 ovos. As larvas non sofren metamorfose até pasados máis de 6 anos, tras este proceso alcanzan a madurez sexual. Este peixe é presa doutros peixes e aves acuáticas.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ágnatos Categoría:Animais descritos en 1784