San Miguel de Corzáns é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño, na Comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 253 habitantes (135 homes e 118 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.
Patrimonio Nesta parroquia, próximo á igrexa parroquial, está o Pazo Torre de Petán.Pazo-torre de Petán na páxina do concello.
Corzáns na cultura popular galega Aníbal Otero recolleu en Corzáns unha interpretación diferente á habitual na descrición da Santa Compaña. Segundo explica ó definir a denominación de estántiga, que se lle dá alí, a Compaña non estaría formada por ánimas en pena senón polos espíritos de persoas que están próximas a morrer, que se reúnen e percorren a parroquia para despedirse de familiares, amigos e dos seus bens na terra.Aníbal Otero: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés", en Cuadernos de Estudos Galegos, XXX/90-91-92, pp. 137-155 [tomado do Dicionario de Dicionarios s. v. estántiga].
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Corzáns
Parroquias de Salvaterra de Miño
Notas
Véxase tamén Bibliografía Oya Pérez, Elisa. Informe Económico año 2004 Antena Salvaterra de Miño . Outros artigos Lugares de Salvaterra de Miño
Categoría:Parroquias de Salvaterra de Miño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel