A Pena Grande de Férvedes é un penedo situado nos contrafortes da serra da Carba,Xermade. Pena Grande de Férvedes. Na web O Noso Patrimonio. na parroquia de Lousada (Xermade), no que hai unha cavidade natural entre rochas que serviron de morada e refuxio aos primeiros habitantes do lugar.Algo de historia: paleolítico, castros e romanización. Na web do Concello de Xermade.

Arqueoloxía Férvedes II Nesta pena hai un conxunto arqueolóxico do paleolítico superior, ao aire libre, que foi descuberto no ano 1971 polo médico e arqueólogo vilalbés José Ramil Soneira, que é denominado como Férvedes II.

Neste sitio recuperáronse útiles de sílex, cuarzo e cristal de rocha, e localizouse, tamén, un colgante pétreo de forma ovoidal cun orificio de forma circular e en ambas as dúas caras un profundo suco horizontal datado en hai uns 17 000 anos, denominado colgante de pedra decorado de Férvedes, que foi a manifestación artística máis antiga coñecida até hoxe en Galicia."Valdavara únese á Valiña, Pena Grande, Férvedes ou Pena Xiboi para documentar ese último período" (27/7/2008). La Voz de Galicia, 27 de xullo de 2008.

Tamén se atopou unha azagaia de óso decorada cunha inscrición horizontal. Pouco despois, en 1983, Ramil Soneira e Vázquez Varela deron a coñecer a primeira noticia de arte móbel en Galicia, unha peza de pedra de forma oval perforada e decorada con sucos que interpretan como un colgante.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Rasilla Vives, M. de la (1994): "El Solutrense en la Península Ibérica". En Férvedes, monográfico nº 1, pp. 9–19. Recensión de Henri Delporte (1995): "Férvedes. Le Solutréen de la Péninsule Ibérique", en Bulletin de la Société préhistorique française, 92 (3): 278. Menéndez Fernández, Mario, edit. (2012): Prehistoria Antigua de la Península Ibérica. Madrid: UNED. ISBN 978-84-632-6514-9. Vázquez Varela, José Manuel, Ramón Yzquierdo Perrín, José Manuel García Iglesias e Xosé Antón Castro Fernández (1996): 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.

Outros artigos Covas de Valdavara Lousada

Ligazóns externas Coquetería paleolítica. O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia na web Culturagalega .

Categoría:Arqueoloxía en Galicia Categoría:Prehistoria de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Patrimonio histórico e artístico de Galicia Categoría:Xermade Categoría:Xermade sen imaxes