The Cribs é unha banda inglesa de indie rock procedente de Wakefield, Yorkshire Occidental e formada no ano 2001. O grupo está composto polos xemelgos Gary e Ryan Jarman e o seu irmán menor Ross. Posteriormente uníuselles o guitarrista de The Smiths e Modest Mouse Johnny Marr, que se converteu en membro formal en 2008. Marr sería parte da banda ata o ano 2011, sendo anunciada oficialmente a s¡ua marcha o 11 de abril.
A banda foi inicialmente relacionada con outros grupos afíns do Reino Unido, destacando a The Libertines, por unha prensa musical que estaba buscando unha "retagarda británica" á marea de populares grupos de rock alternativo dos Estados Unidos da época. Cando tiveron éxito comercial co seu terceiro álbum xa superaran esa etiqueta. En 2008, a revista Q describíunos como "a banda de culto máis grande do Reino Unido".
En 2012, polo seu décimo aniversario, a banda recibiu o premio Spirit of Independence nos Q Awards. Meses despois, recibiu o premio Outstanding Contribution to Music nos NME Awards.
Discografía Álbum Ano Selo The Cribs 2004 Wichita Recordings The New Fellas 2005 Wichita Recordings Men's Needs, Women's Needs, Whatever 2007 Wichita Recordings, Warner Bros. Records Ignore the Ignorant 2009 Wichita Recordings, Warner Bros. Records In the Belly of the Brazen Bull 2012 Wichita Recordings For All My Sisters 2015 Sonic Blew / Sony RED UK, Arts & Crafts Productions 24-7 Rock Star Shit 2017 Sonic Blew / Sony RED UK Night Network 2020 Sonic Blew, PIAS Selling a Vibe 2026 PIAS
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais do condado de Yorkshire Occidental Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2002