O Instituto de Estudos Xacobeos ou Centro de Estudos Xacobeos, é unha institución cultural galega dependente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.
Creación O Centro de Estudos Xacobeos foi creado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1954 por un decreto do cardeal-arcebispo de Santiago Fernando Quiroga Palacios. O 26 de novembro do mesmo ano foi incorporado ao "Patronato Marcelino Menéndez y Pelayo" do Consello Superior de Investigacións Científicas.Centro de Estudios Jacobeos na Xacopedia.
Na súa carta fundacional dise que «terá como finalidade impulsar os estudos de investigación en torno ao santuario do apóstolo Santiago, preocupándose de todo o que fai referencia á persoa de Santiago o Maior, a súa actividade apostólica, sepulcro, culto, peregrinacións ao seu santuario, e aínda —en segundo termo— do que se refire á sede compostelá».
Foi o primeiro centro que se preocupou por dar un novo impulso ao renacemento dos estudos xacobeos e á peregrinación a Compostela no século XX. É significativa a categoría intelectual do seu primeiro consello directivo:
Cargo Nome Presidente Cardeal Quiroga Palacios Director Manuel Rey Martínez Secretario Ramón Otero Túñez Bibliotecario Casimiro Torres Rodríguez Xefe da sección de Historia Antiga Juan Pérez Millán Xefe da sección da Idade Media Frei José Campelo Xefe da sección de Historia Moderna e Contemporánea Antonio Fraguas Fraguas Xefe da sección de Arte José María de Azcárate Ristori Xefe da sección de Literatura Enrique Moreno Báez Xefe da sección de Arqueoloxía José Guerra Campos Xefe da sección de Musicoloxía Pedro Echeverría Bravo
Obxectivos A súa principal finalidade é a publicación dos traballos realizados polas diversas autoridades culturais, principalmente especializados en temas xerados polo apóstolo Santiago e a súa peregrinación. Tamén dar novo impulso ao rexurdimento dos Estudos Xacobeos e a peregrinación a Compostela no século XX. O seu maior logro é o de manter vivo o espírito da dimensión teolóxica-cultural do feito Xacobeo.
Revista Compostellanum miniatura|
Único órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica e dous de estudos históricos, preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Centro de Estudios Jacobeos Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Estella - Centro de Estudios Jacobeos Arquidiocese de Santiago de Compostela
Categoría:Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia