miniatura|Cuncha de Stenotrema florida, un caracol terrestre.
A conquiolina,«As valvas están unidas por unha banda elástica chamada ligamento articular, composta por unha materia orgánica córnea, a conquiolina». En Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-2, p. 42. ás veces denominada tamén conchina ou perlucina, é un compleo de macromoléculas orgánicas, proteínas fibrosas quitinidais e polisacáridos, que son segregadas polo manto dos moluscos.
Estes complexos asócianse con cristais de aragonita para formaren unha estrutura ríxida que permite a construción da cuncha do molusco. As moléculas que forman a conquiolina e o carbonato de calcio que formará a aragonita son segregados polo manto. É a matriz orgánica que permite aos moluscos crear a aragonita, mellor que a calcita, da mesma forma que a interacción dos cristais hidroxiapatíticos e o coláxeno nos vertebrados. Estas moléculas danlle ao nácar unha enorme resistencia á ruptura, 3 000 veces superiore á da aragonita.Rainer, Leslie et al. (2011), p. 225.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rainer, Leslie; Angelyn Bass Rivera & David Gandreau (2011): Terra 2008: The 10th International Conference on the Study and Conservation of Earthen Architectural Heritage. Getty Publications.
Outros artigos Cuncha Perióstraco Corno Quitina Esporopolenina
Ligazóns externas "Structure of the conchiolin cases of the prisms in Mytilus edulis", por Charles Grégoire, 1960 .
Categoría:Proteínas Categoría:Moluscos