O banjo ou banxo é un instrumento musical de corda, de orixe africana, que ten de catro a seis cordas afinadas de formas diversas, aínda que o máis común ten cinco, unha delas máis curta. O banjo está afinado da seguinte maneira: Sol-Do-Sol-Si-Re. A versión de seis cordas afínase e tócase de forma semellante a unha guitarra. O corpo do banjo moderno é de metal, cunha membrana plástica onde se seguran as cordas e cun mastro similar ao dunha guitarra.

As primeiras formas do instrumento xurdiron dentro da poboación africana dos Estados Unidos de América, como adaptacións de instrumentos africanos de deseño semellante.Bluegrass Music: The Roots ." International Bluegrass Music Association. 25 de agosto de 2006. O banjo adoita asociarse co country, folk, coa música irlandesa e co bluegrass, aínda que tamén se pode escoitar en moitos outros xéneros musicais. Os banjos acústicos modernos máis comúns son o banjo con resoador e o banjo aberto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Instrumentos de corda pulsada Categoría:Música dos Estados Unidos de América