Dionisio Lachovicz, nado como Paulo en Itaiópolis (Santa Catarina, Brasil) o 2 de xullo de 1946, é un relixioso católico basiliano, visitador apostólico para os grecocatólicos ucraínos en España e Italia dende 2009.

Traxectoria Ingresou na Orde de San Basilio Magno, facendo os votos perpetuos o 20 de marzo de 1970. Foi ordenado sacerdote da devandita orde o 8 de decembro de 1972 polo bispo de San Xoán Bautista en Curitiba, Efraím Basílio Krevey.

O 21 de decembro de 2005 foi nomeado bispo curial da Arquieparquía Maior de Kíiv-Galicia e bispo titular de Egnatia. Recibiu a consagración episcopal o 26 de febreiro de 2006 de mans do arcebispo maior Liubomyr Huzar.

O 19 de xaneiro de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno visitador apostólico para os grecocatólicos ucraínos en España e Italia.

Obra

Notas

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados no estado de Santa Catarina Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Relixiosos católicos do Brasil Categoría:Basilianos de San Xosafat