Dismaland foi un proxecto artístico temporal organizado polo artista da rúa Banksy, construído na vila resort de Weston-super-Mare en Somerset, Inglaterra, aberto durante varias semanas ao final do verán e principio do outono de 2015.

Historia miniatura|Dismaland.|esquerda Preparado en segredo, a exhibición temporal do "Tropicana", unha piscina pública sen uso, foi unha "versión sinistra de Disneyland" que abriu durante a fin de semana do 21 de agosto de 2015 e pechou permanentemente o 27 de setembro de 2015, 36 días despois. Banksy describiuno como un "parque temático non apto para nenos."

Na construción do parque participaron até 58 artistas de 27 países diferentes convidados persoalmente polo autor. Pódense atopar obras inéditas de artistas como Damien Hirst, Jenny Holzer, Mike Ross, Ben Long, Dietrich Wegner e Jimmy Cauty.

O nome elixido para o parque xoga coa verba inglesa Dismal que quere dicir deprimente; e pretende ser unha sátira irónica de Disneyland, cousa que pon de manifesto no seu logo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Arte Categoría:Parques de atraccións