Bernardino Varela Docampo, nado na Coruña en 1889 e finado na mesma cidade o 24 de marzo de 1944,La Voz de Galicia, 25-3-1944, p. 3. foi un mariño e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro Pardo, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González, Salvador Mosteiro, Francisco Abelaira, Bernardino Varela e Manuel María González. Piloto e capitán da mariña mercante. Fundou a Escola de Náutica da Coruña onde foi profesor de Cosmografía e Navegación. Foi administrador da empresa Castromil.Galicia. Diario de Vigo, 25-10-1922 , p. 2. Militou na Irmandade da Fala da Coruña e foi un dos asinantes do Manifesto Nacionalista da Asemblea de Lugo. Despois militou no Partido Galeguista e foi secretario do periódico A Nosa Terra. Traduciu ao galego textos para as representacións teatrais das Irmandades. Foi o editor do primeiro conto para nenos en galego.
Vida persoal Casou con Elvira Bao Maceiras e foi pai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos I Asemblea Nacionalista Ligazóns externas "Elvira Varela Bao" (2013). Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Nomes e Voces.
Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1944