Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Historia e patrimonio Destacan os gravados rupestres de Pena Longa e do Castro do Cura no lugar de Cardigonde. No lugar de Camporrapado tivo lugar unha feira o día 24 de cada mes.

En canto á arquitectura, destacan a igrexa de Santa María, do século XVI; e as capelas de Santa Lucía en Framiñan, dos Aflixidos en Camporrapado, de 1812; e de San Brais, na Casa dos Chaos, no lugar do mesmo nome.

Nesta parroquia naceron o político Antón Alonso Ríos e o médico Alfredo Ramos López, ambos no lugar de Camporrapado. Ademais, ten lugar a Festa da Paella, iniciando as festas parroquiais.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cortegada

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Cortegada na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María