"Ondas do mar de Vigo" é o nome co que se coñece unha cantiga de amigo escrita en lingua galego-portuguesa polo trobador medieval Martín Codax. Toma o título do primeiro verso da obra. Aparece xunto a outras cantigas do mesmo autor no Pergamiño Vindel, onde se conserva a notación musical da cantiga.
O mar e as ondas aparecen en varias cantigas de Codax, como "Ay ondas que eu vin veer", e a vila de Vigo aparece tamén na composición "En o sagrad'en Vigo". Aparecen varios tópicos da cantiga de amigo, como o propio amigo ausente, ou os elementos da natureza como confidentes. Ao estar relacionada co mar, pertence ao subxénero da barcarola. Formalmente está formada por catro estrofas de tres versos. Ten paralelismos, leixaprén e refrán.
miniatura |page=573 |Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1278.|centro Notas
Véxase tamén Bibliografía (2003): "Martin Codax o el poeta intemporal". Alacant: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. , Graça Videira; , Manuel Pedro et al. (2011-), Cantigas medievais galego-portuguesas . Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA. , Giuseppe (2011): "Para unha lectura das cantigas de Martín Codax", en Grial nº 189. Vigo: Galaxia.
Ligazóns externas Clasica2.com - Las Cantigas de Amigo de Martín Codax: Ondas do Mar de Vigo
Categoría:Cantigas de amigo