Lobos sucios é un filme de suspense e drama español de 2016, dirixido por Simón Casal e protagonizada por Marian Álvarez e Manuela Vellés. Foi estreado o 8 de abril de 2016 en España.
Sinopse Manuela (interpretada por Marian Álvarez), unha mineira que é rexeitada polos demais por ser medio bruxa, decide roubarlle aos nazis para tentar curar á súa filla doente. Nesta aventura, conta coa axuda de Candela (interpretada por Manuela Vellés), a súa irmá máis nova.
O filme fai unha interpretación libre de dous hechos que tiveron lugar na Galicia daquela época: as minas de volframio que se atopaban na parroquia de Casaio, en Carballeda de Valdeorras,Casaio: Los secretos de la mina de wolframio que una empresa nazi dirigía en Galicia e a historia das irmás Touza de Ribadavia, que salvaron centos de xudeus.
Intérpretes Marian Álvarez como Manuela Manuela Vellés como Candela Isak Férriz como Miguel Peña Pierre Kiwitt como Franz Thomas Coumans como Edgar Sam Louwyck como Bryan Ricardo de Barreiro como Virutas Xosé Manuel Esperante como Márquez Rosa Álvarez como Rosalía Mara Sánchez como Vicenta Luísa Merelas como María
Palmarés cinematográfico XIV edición dos Premios Mestre Mateo Categoría Persoa ResultadoMellor longametraxeNomeadaMellor interpretación masculina dun actor secundarioRicardo de BarreiroNomeadoMellor interpretación feminina protagonistaMarian ÁlvarezNomeadaMellor interpretación feminina dunha actriz secundariaManuela VellésNomeadaMellor direcciónSimón CasalNomeadoMellor dirección de fotografíaSergi GallardoNomeadoMellor dirección de arteAntonio PereiraGañadorMellor dirección de produciónCarlos AmoedoNomeadoMellor guiónPaula ConsFelipe RodríguezNoelia del RíoCarmen AbarcaNomeadosMellor montaxeJordi LópezNomeadoMellor música orixinalSergio MoureNomeadoMellor sonGuilhem DonzelSrdjan Kurpjel M.P.S.Z.NomeadosMellor vestiarioMarta AntaGañadoraMellor maquillaxe e peiteadoOriane de NeveAntonella PrestigiaNomeadas
Notas
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego