Daniel Álvarez Carnero, coñecido como Pepe de Villastrille, nado en Lugo en 1903 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Proendos e militante do PSOE. Foi concelleiro e tenente de alcalde na corporación municipal de 1936. En xullo foi elixido alcalde gubernativamente. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 4 de agosto, pasou polas prisións de Monforte de Lemos e Lugo. Foi xulgado por rebelión militar, por organizar partidas armadas, e condenado á pena de morte e indemnización con todos os bens. Foi executado en Lugo o 29 de decembro. Enterrado nun nicho en Lugo grazas á amizade dun militar, o seu corpo foi perdido cando o cemiterio desapareceu, no lugar que hoxe ocupa o Gran Hotel de Lugo.

Véxase tamén Ligazóns externas Daniel Álvarez Carnero, “Pepe de Villastrille”, executado Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Sober Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1903 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos