A Cámara de Representantes dos Estados Unidos (en ) é unha das dúas cámaras do Congreso estadounidense (un poder lexislativo bicameral) xunto co Senado.
A composición e poderes da Cámara están estabelecidos no Artigo I da Constitución dos Estados Unidos. O principal poder da Cámara é a lexislación federal que afecta a todo o país, malia que as propostas de lei deben pasar tamén polo Senado e contar coa aprobación do Presidente antes de converterse en lei (agás se a Cámara e o Senado aproban a lexislación cunha maioría de dous terzos en cada cámara). A Cámara dos Representantes ten algúns poderes exclusivos: o poder de iniciar proxectos de lei fiscal,Sección 7 do Artigo 1 da Constitución destituír funcionarios,Sección 2 do Artigo 1 e elixir o Presidente dos Estados Unidos en caso de que non haxa unha maioría nos colexios electorais.Artigo 1, Sección 2, e na 12ª emenda
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América Categoría:Cámaras baixas nacionais