San Martiño de Negreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o INE, en 2025 tiña 150 habitantes (69 homes e 81 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 203 habitantes.
Historia e patrimonio Esta parroquia xa aparece citada nun documento do ano 878. Da igrexa parroquial destaca o campanario, así como o seu interior, que conserva elementos do románico.
Destaca tamén a chamada casa de don Darío, que debe o seu nome ao médico Darío López. Conta cunha capela, que tras o paso da vía do ferrocarril Santiago-Ourense, quedou separada do resto do complexo, polo cal lles foi construído un paso elevado para comunicar ambas partes. Outro elemento do patrimonio esta parroquia é a Ponte da Pedra, construción medieval situada sobre o río Toxa, que baña Negreiros, e por onde cruza cara a veciña parroquia de Chapa, seguindo o trazado da Vía da Prata.
Nesta parroquia naceu José Fernández Viéitez, alcalde de Silleda polo PP entre 1999 e 2007.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Negreiros
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Negreiros na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño