Diego Giráldez García, nado no Porriño o 15 de xullo de 1976, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Foi redactor de A Peneira e coordinou o seu suplemento cultural, Kalaikia. Colaborou con Xornal de Galicia, A Nosa Terra e El País, edición galega. Tamén ten colaboracións en Praza Pública (formando parte do consello de redacción) e na revista Luzes. Fundou e dirixiu a revista Malladoura e o CanZine, publicación oficial do Festival de Cans.
Obra Narrativa Galería de saldos (2016). Vigo: Edicións Xerais. 168 páxs. Ilustracións de Iago Sánchez Losada. ISBN 978-84-9121-053-5. eBook: ISBN 978-84-9121-061-0. Hotel para coleccionistas discretos (2019). Vigo: Editorial Galaxia. 116 páxs. ISBN 978-84-9151-312-4. O meu sangue (2022). Vigo: Editorial Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-841-9. As obras póstumas (2025). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-1110-693-1. ePub: ISBN 978-84-1110-705-1. Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios (2025). Vigo: Editorial Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-1176-361-5. Ilustracións de Melimolita.
Infanto-xuvenil
Xulia e as cóxegas das nubes (2024). Allariz: Aira Ed. Ilustracións de MeliMolita . 40 páxs. ISBN 978-84-128837-5-6.
Poesía Baldío (1996). Edicións do Louro. 80 páxs. ISBN 978-84-605-5272-7.
Historia-Arte O Porriño, arquitectura urbana (2004). Concello do Porriño. Con José Ramón Iglesias Veiga. Antonio Palacios, arquitecto (2005). Concello do Porriño / Xunta de Galicia. Marucoga. Historia do primeiro matadoiro industrial cooperativo de Galicia (2007). Edicións Alén Miño. Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios (2025). Vigo: Galaxia. Con ilustracións de MeliMolita. 128 páxs. ISBN 978-84-1176-361-5.
Obra colectiva
O libro dos trens (2019). Vigo: Editorial Galaxia. A secreta melancolía da garza (2019). Editorial Galaxia. Vigo XXII. Unha ollada ao futuro (2019). Zona Franca de Vigo. O libro da rosa (2022). Editorial Galaxia. Suma Creativa (2022). Afundación.
Recoñecementos 2010: Premio José Saramago de relato curto. 2011: Finalista dos premios xornalísticos de Carballo. 2011: Premio Círculo "Cultura" no Porriño. 2015: Primeiro accésit do Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves. 2016: Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves. 2016: Elixido mellor "Autor galego do ano 2016" nos premios Fervenzas Literarias. 2020: Finalista do XVII Premio de Xornalismo Fernández del Riego.
2024: Premio Blanco Amor por As obras póstumas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de en El País. A súa web. Entrevista ao autor
Categoría:Xornalistas do Porriño Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1976