miniatura|upright=0.7

A fermata, tamén coñecida como caldeirón, é un signo empregado na notación musical para sinalar que se debe prolongar unha nota ou un silencio alén do seu valor normal na partitura. Aínda que a cantidade exacta de tempo aumentado é a criterio do intérprete ou do director, normalmente implica dobrar a duración.

Representación gráfica

A fermata represéntase cun signo en forma de punto coroado por un semicírculo que se acostuma colocar, na parte superior do pentagrama, sobre a figura musical a que se aplica. Non obstante, tamén pode aparecer dito signo invertido por baixo da figura.

miniatura|center|400px| Exemplo de fermatas afectando a diversas figuras.

Notas

Categoría:Notación musical Categoría:Solfexo