Megacles I (en grego Μεγακλῆς) foi un membro da familia dos Alcmeónidas, e arconte epónimo de Atenas durante o período -632 - -631, cando Cilón tentou apoderarse, sen éxito, do goberno. Megacles impediuno e ordenou o asalto da Acrópole, onde se refuxiaron os seguidores de Cilón como suplicantes de Atenea, e o asasinato de todos elesHeródoto, Historia V.71. Por esta razón foi acusado de sacrilexio por Mirón de Flía, e obrigado a se exiliar da cidade, xunto cos demais membros da súa familia, e sobre eles lanzouse a maldición dos Alcmeónidas, que afectou tamén aos seus descendentes, xa que a súa acción atraeu tamén sobre Atenas unha impureza de considerábel transcendencia políticaAristóteles, Constitución dos atenienses I.1Plutarco, Solón 12.1-2L. Moulinier, “La nature et la date du crime des Alcméonides” en Revue des Études Anciennes XLVIII. (1946), pp. 182 e ss.
Notas
Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Arcontes epónimos