San Miguel de Brandariz é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 263 habitantes (135 homes e 128 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Patrimonio Houbo un mosteiro familiar fundado nos séculos X-XI. A primeira referencia é de 1087, cando a infanta Elvira o inclúe nunha doazón que fai á igrexa de Santiago. Puido depender do veciño mosteiro de Piloño, e correu a mesma sorte ao incorporarse os seus monxes ao mosteiro de Camanzo.

A igrexa de San Miguel de Brandariz foi levantada en 1732 polos mercedarios de Conxo, mais a mediados do século XX construíuse un novo templo en Vilar, no lugar onde existía unha capela dedicada a San Roque. No lugar de Pinlle, hai unha capela dedicada a San Bieito.

A Casa dos Castro ten escudo e escalinata de época.

A Mascarada, unha celebración do Entroido, foi moi famosa.

Hai unha lenda dunha espada de ouro guindada ao río Ulla para honrar a memoria dun guerreiro"Aparece unha lenda inédita: a lenda da espada de Brandomés, en Vila de Cruces", artigo no blog Palabras de Pedra, 11 de febreiro de 2014..

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Brandariz

Parroquias de Vila de Cruces

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vila de Cruces

Categoría:Parroquias de Vila de Cruces Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel