miniatura|Watsonia meriana, un exemplo de apomixe. En bioloxía e xenética, a liña xerminal dun organismo multicelular é a poboación de células corporais que se diferencian ou son segregadas no proceso usual de reprodución e poden transmitir o seu material xenético á proxenie. As células da liña xerminal deromínanse células xerminais. Por exemplo, nos animais as células xerminais son os gametos como os espermatozoides e óvulos e as células das que derivan. Por tanto, son células xerminais os gametocitos (ovocito, espermatocito), que producen os gametos, e as que producen os gametocitos, chamadas gametogonias (espermatogonia, ovogonia). Nos organismos con reprodución sexual, as células que non forman parte da liña xerminal denomínanse células somáticas.
Como norma xeral o modo de transmitir o material xenético é un proceso de reprodución sexual; tipicamente é un proceso que inclúe cambios sistemáticos no material xenético, que se orixinan durante a recombinación, meiose e fecundación ou singamia por exemplo. Porén, hai moitas excepcións, como varias formas de apomixe, autogamia, automixe, clonación, ou partenoxénese.
As mutacións, recombinacións ou outros cambios xenéticos na liña xerminal poden transmitirse á descendencia, mentres que os cambios nas células somáticas non.C.Michael Hogan. 2010. Mutation. ed. E.Monosson and C.J.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC Isto non se ten que aplicar a organismos que se reproducen somaticamente, como as esponxas e moitas plantas. Por exemplo, moitas variedades de Citrus,Akira Wakana and Shunpei Uemoto. Adventive Embryogenesis in Citrus (Rutaceae). II. Postfertilization Development. American Journal of Botany Vol. 75, No. 7 (Jul., 1988), pp. 1033-1047 Published by: Botanical Society of America Article Stable URL: http://www.jstor.org/stable/2443771 de Rosaceae e dalgunhas Asteraceae, como Taraxacum producen sementes por apomixe cando células somáticas diploides desprazan o óvulo ou o embrión en fases temperás.
O termo liña xerminal pode utilizarse tamén para indicar a liñaxe de células ao longo de moitas xeracións de individuos, por exemplo, a liña xerminal que liga calquera individuo co seu hipotético último antepasado universal, do cal descenden todos.
Notas
Categoría:Bioloxía do desenvolvemento