Santa Cristina de Cobres é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE, en 2022 tiña 1.313 habitantes (659 homes e 654 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación.

Patrimonio No límite coa parroquia de Vilaboa está o petróglifo de Chan dos Areeiros"Comezan en Vilaboa os traballos de posta en valor dos petróglifos de Chan dos Areeiros", artigo en Pontevedra Viva, 3 de setembro de 2015., con inscricións medievais.

A igrexa parroquial foi construída en 1678. No arco do altar maior pode lerse unha inscrición facendo referencia ao papa Inocencio XI e ao abade Antonio Figueroa Lanços, cura da parroquia cando se construíu o templo. A igrexa ten planta de cruz latina, con dúas capelas adicadas á Virxe das Angustias (co-patroa) e a San Bieito. No presbiterio consérvase o escudo da familia Figueroa.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Santa Cristina de Cobres

Parroquias de Vilaboa

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilaboa

Categoría:Parroquias de Vilaboa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina