Jordán é un concello colombiano, situado da provincia de Guanentá, no departamento de Santander. Foi fundado en 1830 e coñeceu diversos nomes, como Jordán Sube ou Cholo.

A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é 80 km. Ten unha extensión de 33 km² e 1 089 habitantes en 2018.

Está situado nas ribeiras do río Chicamocha, e durante moito tempo a súa ponte colgante foi o único xeito de cruzar o río. O seu canón e as paisaxes que produce son un dos atractivos do concello.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Santander, Colombia