San Xoán de Baión é unha parroquia que se localiza no concello de Vilanova de Arousa. Segundo datos do IGE, tiña 1.211 habitantes no ano 2025, dos que 629 eran mulleres e 582 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 1.315 veciños, e 2010, cando eran 1.411.
Historia De 1936 a 1945 pertenceu ao concello de Vilagarcía de Arousa.
Patrimonio Amais da igrexa de San Xoán, na parroquia está a capela de San Simón cun cruceiro ao seu carón. Entre a arquitectura civil destaca o Pazo Baión.
Festas O 24 de xuño celébrase a festa de San Xoán, patrón da parroquia, con fogueiras, sardiñas, xogos, música e baile. O 28 de outubro celébrase a romaría de San Simón. A carón desta capela hai un cruceiro do século XVI.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Baión
Parroquias de Vilanova de Arousa
Notas
Véxase tamén Bibliografía Xosé Lois Vila Fariña (2009). Memoria histórica de la parroquia de Baión. Cardeñoso. ISBN 978-84-8190-586-1. Outros artigos Pazo Baión Lugares de Vilanova de Arousa
Categoría:Parroquias de Vilanova de Arousa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán