A Nightmare on Elm Street é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por Wes Craven que se estreou en 1984. É o primeiro dos filmes da franquía "A Nightmare on Elm Street". Está protagonizado por Heather Langenkamp, John Saxon, Ronee Blakley, Amanda Wyss, Jsu Garcia, Robert Englund e Johnny Depp na súa primeira aparición no cine. Está ambientado na vila ficticia de Springwood, Ohio, e o argumento xira arredor duns adolescentes que son asasinados nos seus soños (e despois na realidade) por Freddy Krueger. Os adolescentes descoñecen o motivo destes fenómenos paranormais, mais os seus pais gardan un escuro segredo dende hai tempo.
Craven produciu A Nightmare on Elm Street cun orzamento estimado de $1,8 millóns,John Kenneth Muir, "Career Overview" in Wes Craven: The Art of Horror (Jefferson, N.C.: McFarland and Company, 1998), p. 18, ISBN 0-7864-1923-7. unha cantidade que o filme recuperou o primeiro fin de semana despois da súa estrea. O filme recadou uns $25 millóns nos Estados Unidos.A Nightmare on Elm Street at Box Office Mojo; last accessed June 1, 2014. A Nightmare on Elm Street tivo un grande impacto no xénero de terror, sendo o primeiro filme dunha franquía con varias secuelas, cruzamentos con outras franquías e remakes.Jim Harper, Legacy of Blood: A Comprehensive Guide to Slasher Movies (Manchester, Eng.: Headpress, 2004), p. 126, ISBN 1-900486-39-3.
Personaxes
Heather Langenkamp como Nancy Thompson Robert Englund como Freddy Krueger John Saxon como Tenente Don Thompson Johnny Depp como Glen Lantz Ronee Blakley como Marge Thompson Leslie Hoffman como Garda do corredor Amanda Wyss como Christina “Tina” Gray Nick Corri como Rod Lane Joe Unger como Sarxento Garcia Charles Fleischer como Dr. King Joseph Whipp como Sarxento Parker Lin Shaye como Metra Mimi Craven como Enfermeira Jack Shea como Minister Ed Call como Mr. Lantz Sandy Lipton como Mrs. Lantz David Andrews como Foreman Jeff Levine como Coronel Donna Woodrum como Mrs. Gray Paul Grenier como Noivo Ash Adams e Don Hannah como surfeiros Shashawnee Hall, Brian Reise e Carol Pritikin como policías Kathi Gibbs, John Richard Peterson, Chris Tashima e Antonia Yannouli como nenos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wes Craven Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en 1981 Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes de terror Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Warner Bros.