Do que estou a falar cando falo de correr (co título orixinal en ; Hashiru Koto ni Tsuite Kataru Toki ni Boku no Kataru Koto) é un libro de memorias en lingua xaponesa do escritor Haruki Murakami, publicado por vez primeira en 2007. Foi traducida ao galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez, e publicado por Editorial Galaxia na colección Literaria en 2009.

No libro o autor fala da súa experiencia como atleta afeccionado. En 1982 deixou o local de jazz no que traballaba e comezou a escribir profesionalmente, amais de comezar a correr en serio. Desde entón adoita correr un maratón ao ano, e practica tamén o tríatlon.

O título da obra está inspirado nunha colección de contos curtos de Raymond Carver, What we talk about when we talk about love.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Obras narrativas en xaponés Categoría:Obras traducidas do xaponés ao galego